Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

SAMAÍN, DEFUNTOS

Imaxe
Inauguración para a exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo No Museo do Mar de Vigo expoñerase desde o 10 de outubro ao 4 de marzo o Pergamiño Vindel do trobador Martín Códax. Trátase dunha obra literaria do século XIII que contén sete cantigas de amigo das cales 6 están con pentagramas, escritas en galego-portugués, xunto coa das de Don Dinís son as cantigas manuscritas do século XIII que sobreviviron coa música. O museo investiu 200.000€ en adecuar o cofre no que se mostrará. Este manuscrito de 800 anos de antigüidade, despois de estar 40 anos no Morgan Library Museum, estará en Galicia. Na inauguración contaron coa presenza do rei emérito Juan Carlos I.  O nome é debido a que Vindel, o libreiro que encontrou o pergamiño no século XVII vendeuno e o documento pasou por distintas mans ata que o adquiriu o libreiro Albi Rosenthal que o gardou na súa colección privada. Non obstante, en 1970 tratou de venderllo ao Morgan, que "nese momento non
Imaxe
Curso 2107-2018, angueiras, metas, 100% folgos, grandes devezos! Que desexamos atanguer?
Imaxe
Parabéns! Dende o noso pequeno recuncho queremos facer resón dunha formidábel nova para a nosa literatura: Antonio García Teijeiro acaba de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura co libro de poesía en galego Poemar o mar . Poemar o mar , un libro de poemas escrito en galego acaba de lle valer ao vigués Antonio García Teijeiro facerse co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. O galardón que outorga do Ministerio de Cultura recoñece un traballo "cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o grande protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas" . A obra, que é o primeiro poemario en se facer co galardón nos últimos quince anos, está publicada por Xerais con ilustracións de Xan López Domínguez.
Imaxe
Relatos de auga intelixente Viaqua convoca a IV Edición do Concurso Literario "Relatos de auga intelixente" . Máis info en Concursos Literarios
Imaxe
1º de Bacharelato con María Solar O alumnado de 1º de Bacharelato terá a oportunidade o vindeiro 21 de novembro de asisitir a un encontro coa autora da novela Os nenos da varíola , obra de lectura do noso alumnado do primeiro chanzo de bacharelato. Máis info en   Encontros con escritores. Xa nos contarán con detalle o discurrir deste encontro!