5ª categoría (3º e 4º de ESO)


Descoñecidos. David Lozano Garbala.

Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus temores, pero non a súa identidade. Axiña darán o seguinte paso: unha cita ás cegas. Con todo, atoparse cun descoñecido sempre ten os seus riscos. Porque todos ocultamos segredos…
Un cadáver. O corpo dun rapaz, desfigurado pola violencia da caída. Unha vida nova arruinada para sempre, unha morte que suscita máis preguntas ca respostas.




Días azuis, sol da infancia. Marcos Calveiro.

No ano 1936, Nicasio, un mociño dunha aldea da Terra Chá, acode co seu pai a traballar como segador en Castela. Porén, ao pouco de chegar alí, foxe desa vida de braceiro. El quere coñecer a capital, o Madrid moderno. A cidade recibirao cunha morea de coruscantes estímulos (o cine, o circo, as figuras de Juan Ramón Jiménez e Zenobia Camprubí, o amor...), mais tamén con abafantes perigos, pois a guerra civil peta xa rabiosa nas portas da cidade. Todas esas referencias son pezas dun quebracabezas que Nico, o seu neto, teima agora en resolver.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo