BASES CONCURSO MICRORRELATO


BASES


PARTICIPACIÓN:

Poderá participar todo o alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato que curse estudos no Sagrado Corazón de Pontevedra.

MODALIDADE:

Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en língua galega e concorrerán na categoria de microrrelatos. Os microrrelatos deberán ter unha extensión máxima de 200 palabras (sen espazos), mecanografados a dobre espazo e nos que a acción transcorra durante un 17 de maio, Dia das Letras Galegas.

PRESENTACIÓN:

Enviarase unha copia en soporte informático ao seguinte enderezo electrónico antonio@sagradopontevedra.orgNo relato deberá constar o título, mais non deberá aparecer o nome do/a autor/a, que deberá ser enviado nun novo correo no que consten título, nome do/a autor/a e curso.

PREMIOS:

Concederanse tres prémios.

Se na opinión do Xurado a calidade dos microrrelatos así o requirise poderán outorgarse accésits. Os premios poderán declararse desertos.

XURADO:

Estará constituído polos membros do EDLG do colexio, un integrante do Equipo Directivo e un integrante da AMPA.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Remata o día 7 de xuño.

FALLO:

Farase público na web do Colexio, no Blog do EDLG e no Blog da Biblioteca.

Pontevedra, maio 2019

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo