CONCURSO MICRORRELATOS_TEXTOS GAÑADORES

II EDICIÓN (2019)

Gañador  2º  categoría: 1º e 2º de ESO


Misterio do Día das Letras Galegas

 O 16 de maio do 2019, un día antes do conmemorativo a Antón Fraguas, pasou algo moi misterioso; todas as obras dos adicados desapareceran.
A xente púxose a buscar pero nin Rosalía, nin Carlos Casares... non conseguían atopar nada. As últimas obras investigadas foran as de Martín Códax e tampouco estaban.
Cando xa estaban cansos de rebuscar, apareceu unha obra de cada figura homenaxeada colocadas unha tras doutra; todas tiñan un lugar diferente á anterior, e chamaba a atención que estiveran escritas en galego-portugués.
 Dous días despois, pasado xa o conmemorativo a Antón Fraguas, decidiron buscar na súa obra e atoparon un escrito en galego-portugués e unhas coordenadas. Cando acabaron a investigación das obras foron á localización que había na obra de Antón fraguas e a zona era...

            ! A REAL ACADEMIA GALEGA ¡
Foran eles os que montaran toda esta trama do
Galego-portugués.

Os escritos neste idioma coincidían coa rúa onde antigamente se atopaba a casa destes autores. 

Adrián Framil



I EDICIÓN (2018)



Gañadora 2ª categoría: 1º e 2º de ESO.

Almas nómades

Abril
Era o dezasete de maio, día das Letras Galegas, e atopábame no meu colexio, onde se ía celebrar.
O director, subido ao escenario, dixo:
- Bos días, hoxe estamos aquí para, coma todos os anos, lembrar as palabras de todos os galardoados no Día das Letras Galegas; comezaremos por María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano.
O público aplaudiu e o home comezou a recitar:
-´Cando a nai mata as luces nace un silencio...´
As palabras de María Victoria flotaban no salón entre o silencio da xente, case parecía estar a dicilo ela, de non ser pola voz grave do home.
-´... que é redondo e escuro, mais non da medo...´
As sensacións percorrían o teatro, era abraiante ver como parecía estar a contarnos iso agora, coma se aínda estivese viva. Ela morrera, mais as súas palabras non.
-´...Cómpre afacerse e as faíscas e as voces...´
Coma as de tantos escritores e poetas, por moito que os seus corpos levasen anos baixo terra, as súas palabras seguían vivas, e as súas almas continuaban a vagar polo mundo adiante, na fala da xente, e de libro en libro.
-´...logo aparecen .´
Paula Diz Parrondo


Gañadora 3ª categoría: 3º e 4º de ESO

 Descargar a rabia

Descargar a rabia. Rachar os papeis. O fume confúndese co fedor do xofre.
Destruír e comezar. Semella lei de vida. Está establecido e ninguén o pode cambiar.
Ou tal vez si?
O gutural albuxíneo do albor. Os guizos prenderan, as gurgullas esnacaran. O gume da cordura axexaba, sen perder a arela de nesgar outro 17.
O remanecer un mes de maio. Semella lei de vida. Quen o pode cambiar?
Un latexo. Unha palpitación. A trasfega itinerante do cambio. O zumegar ambulante da rutina reiterativa. Aseméllanse, e semellan lei de vida.
Sofía Martínez Ortega

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo