QUEN DIXO MEDO? Chega o Samaín! A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebramos a festa máis arrepiante da nosa terra. Se non queredes recibir a visita dos espíritos noitébregos, é mellor que teñades preparado o voso calacú Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas clave para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e celebrar as festas dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do alén abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores, para render contas pendentes. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de face
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: outubro, 2016
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Nace o Papagaio Aire fresco para a nosa lingua, enerxía directa en forma de ligua galega para mozos e mozas! Vén de nacer un novo xornal dirixido especialemente para rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria, 12 páxinas a toda cor integramente en galego! Estamos de noraboa! Ten perioricidade mensual e incluirá temas de actualidade, prestando unha especial atención á ciencia, tenoloxía, historia, ecoloxía, arte, cultura, integración e banda deseñada. Deixámosvos o enlace do número 0 para que vos animades a darlle unha ollada. O Papagaio Que vos parece? Gostades del?