luns, 29 de outubro de 2018

Conta atrás!




Xa podemos deleitarnos coa canción en galego dos nosos Pequenos Besbellos!

Preme na seguinte ligazón https://youtu.be/bZt6-AySyYw

A organización de Quero Cantar  fixo pública nesta pasada fin de semana a nosa participación no certame. O vindeiro mércores 31, o xurado reunirase e elixirá as cinco bandas de cadansúa categoría que pasan ao disco e, de entre elas, as tres por categoría que o 17 de novembro interpretarán en directo os seus temas no teatro Colón da Coruña. 


A cruzar os dedos e que haxa sorte!

mércores, 24 de outubro de 2018

venres, 19 de outubro de 2018

Estamos de noraboa no colexio!

Dá moito gusto pendurar nesta bitácora estas novas pois, amosan que bota a andar un fermoso proxecto que mestura a lectura e a lingua galega.





mércores, 17 de outubro de 2018


PEQUENOS BESBELLOS, este é o nome co que inicia o seu sendeiro o conxunto musical do Sagrado que posúe, como un dos seus alicerces, o emprego da lingua galega nas súas creacións artísticas.

O grupo, capitaneado polo profesor e música Roberto Calvo, aplicouse moito neste comezo de curso e xa están enfornando unha canción que de seguro non os vai deixar indiferentes. Ademais, será esta composición a que presentaremos ao concurso musical Quero Cantar organizado pola Deputación da Coruña. O que temos dende o EDLG, é que nós xa gañamos moito con este ruxerruxe musical galego que se pode escoitar polos nosos corredores.

Ficade atentos ao transcorrer dos acontecementos nesta aventura artística que dende o EDLG impulsamos.

  CARTEL GAÑADOR DO IV CONCURSO CARTELERÍA