luns, 16 de maio de 2016

Concurso Coca-Cola de Relato Curto: todo un éxito!

As nosas alumnas, Clara Candisano e Sofía Martínez, acadan o 1º e o 2º posto no sector de Pontevedra na gala celebrada o pasado venres 13 en Santiago de Compostela.


Resultados estupendos os acadados por estas dúas rapazas,ficando entre as 14 mellores de Galicia dun total de 311 participantes.


A cerimonia de entrega tivo lugar no que fora a sede do Seminario de Estudos Galegos e contou coa presenza de Valentín García, Secretrio Xeral de Política Lingüítica.

O Sagrado pode presumir de talento literario!!!

xoves, 12 de maio de 2016

A Festa da Lingua triunfa no Sagrado!!


O pasado martes 10, horas de diversión en galego foron as que se viviron no teatro do colexio en compañía de escolares e profesores doutros centros da bisbarra.

No vindeiro curso,non queda outra: hai que repetir!!!




martes, 10 de maio de 2016

PARABÉNS ÁS FINALISTAS!!

As alumnas Sofía Martínez e Clara Candisano de 2º de ESO son finalistas na 8ª Edición do Concurso Coca-Cola Relato Curto.



Os relatos saídos da imaxinación destas dúas rapazas  conquistaron o xurado e serán finalistas do concurso organizado pola multinacional.


O vindeiro venres 20 coñeceremos os/as gañadores/as, nunha gala que terá lugar na sé da Secretaría Xeral de Política Lingüística, situado na rúa San Roque da capital galega, edificio que no seu momento albergou o Seminario de Estudos Galego por onde pasaron grandes persoeiros da cultura galega: Castelao, Vicente Risco, Fernández de Riego, Losada Diéguez... Fantástica elección para levar a cabo a entregra de premios!

Moita sorte ás nosas alumnas!!

venres, 6 de maio de 2016

Festa da Lingua

O galego de festa no Sagrado!



Este martes 10 de maio, o teatro do noso colexio será o escenario da Festa da Lingua de Primaria da localidade de Pontevedra e proximidades  organizada por Escola Católicas.


Así de fermoso deixamos o noso escenario para gozar do galego!!

Este evento é unha actividade dinamizadora da lingua galegga que se celebra en varias cidades de Galicia e á que asisiten os alumnos que participan na lectura dos libros finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento. Nestes eventos asisten a diferentes actividades culturais como obras de teatro, concertos, visitas guiadas...

A programación será a seguinte:

10.00 h Inauguración da xornada a cargo de D. Xosé Martínez Reboiras. 
-Proxección do vídeo O galego é de todos realizado por alumnos do colexio Sagrada Familia de Aldán. 

10.15-11.30 h Proxección de MAIMIÑO (75 min)

 11.30 – 12.00 h Visita das Maimiñas, autoras de As Maimiñas. Unha viaxe polo mundo, finalistas do Premio Sarmiento na 1ª categoría. 

12.00 – 13.00 Actuación. Cé ORQUESTRA PANTASMA