As alumnas Sofía Martínez e Clara Candisano de 2º de ESO son finalistas na 8ª Edición do Concurso Coca-Cola Relato Curto.
Os relatos saídos da imaxinación destas dúas rapazas conquistaron o xurado e serán finalistas do concurso organizado pola multinacional.
O vindeiro venres 20 coñeceremos os/as gañadores/as, nunha gala que terá lugar na sé da Secretaría Xeral de Política Lingüística, situado na rúa San Roque da capital galega, edificio que no seu momento albergou o Seminario de Estudos Galego por onde pasaron grandes persoeiros da cultura galega: Castelao, Vicente Risco, Fernández de Riego, Losada Diéguez... Fantástica elección para levar a cabo a entregra de premios!
Moita sorte ás nosas alumnas!!
Comentarios
Publicar un comentario