O galego, unha máis! O 26 de setembro todas as linguas europeas estiveron de celebración. Nesta data, lembramos a importancia e mais a necesidade de preservarmos e fomentarmos a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementarmos o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas. Neste sentido, non se deben pasar por alto datos como que en todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas, que a Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais (ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias) ou que se falan no seu territorio algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes. Neste mar de linguas que baña o continente europeo, está a lingua de noso. Ten vida propia desde o século IX, na palabra viva e no pensamento expresivo do pobo galego, e desde finais do XII na ...
#mobilizarosalía Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais. Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) queren conmemorar o 24 de febreiro -fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora- o Día de Rosalía de Castro. Para esa data a AELG propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións, dirixidas aos centros de ensino, coa finalidade de realizar accións colectivas de difusión da obra de Rosalía. Na Educación Secundaria e Bacharelato, dende a AELG propóñennos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mob...
Comentarios
Publicar un comentario