Día Europeo das Linguas

O galego, unha máis!


O 26 de setembro todas as linguas europeas estiveron de celebración. Nesta data, lembramos a importancia e mais a necesidade de preservarmos e fomentarmos a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementarmos o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas. Neste sentido, non se deben pasar por alto datos como que en todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas, que a Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais (ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias) ou que se falan no seu territorio algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.

Neste mar de linguas que baña o continente europeo, está a lingua de noso. Ten vida propia desde o século IX, na palabra viva e no pensamento expresivo do pobo galego, e desde finais do XII na súa escrita, construíndo unha literatura propia, rica e complementaria de todas as demais.

Parafraseando o lingüista británico George Steiner, “cada lingua é unha ventá que nos permite ver a paisaxe dunha maneira única, polo que, ao aprendermos unha lingua nova entramos da súa man a un mundo novo”.








Comentarios

  1. Respeto ao texto e ao vídeo, sorpréndeme, que haya 60 linguas minoritarias, e entre elas o galego, xa que e unha lingua igual de importante que as demáis e non hai porque considerala minoritaria.
    IAGO SÁNCHEZ

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Iago, o que trata de demostrar o vídeo é o contrario do que argumentas: ten coma finalidade amosar que o galego non é unha lingua minoritaria.Alén diso, coidemos un pouco a ortografía nos comentarios ;) *haya (haxa), *e (é), *demáis (demais), *porque (por que), *respeto ao (respecto o)

      Eliminar
  2. Temos que facer do Galego outra lingua oficial mais.
    Marta Bartolomé

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Marta, lembra que ese *mais que escribes é adverbio de cantidade, en consecuencia, con acento diacrítico ;), e "galego", en minúscula, que non o pos como nome propio.

      Eliminar
  3. Pensamos que o galego é unha lingua minoritaria e que non se usa. Pero non é así; eu creo que temos que facer que o galego sexa máis importante e que o fale máis xente.
    Sabela

    ResponderEliminar
  4. A ver, hai que ser realista, o galego non é unha lingua maioritaria, pero eso depende de nós, que, como din no video, a fala bastante xente, despois de todo. Jesús

    ResponderEliminar
  5. Persoalmente creo que o galego e unha lengua minoritaria.É verdade que cada vez a fala mais xente pero sigue predominando o español como lingua parlante.
    Teresa

    ResponderEliminar
  6. Persoalmente creo q o galego e unha lingua minoritaria.A pesar de q hoxe en dia cada vez hai mais xente galego parlante sigue predominando o españo.

    ResponderEliminar
  7. Eu pensaba que o galego ía estar noutro "metro" máis lexano, non me esperaba para nada esa cifra. Espero que algún día chegue a ser unha lingua falada pola maioría de galegos.
    Coral.

    ResponderEliminar
  8. Teño que confesar que o video e máis o texto fixeronme pensar que entre todos nós debemos facer do galego unha lengua oficial.
    Aldara

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aldara, o galego é lingua oficial de Galicia dende que se aprobou o Estatuto de Autonomía aló polo ano 1981.

      Eliminar
  9. Dise que o galego é unha lingua minoritaria xa que é falada por moi pouca xente, pero iso ten que rematar. O galego é unha lingua como calquera outra e debe ser igual de respetada.
    Antía

    ResponderEliminar
  10. Como vemos no vídeo no mundo fálanse moitas linguas. Nós, os galegos somos uns privilexiados por falar dúas linguas: o galego e o castelán.Temos que coñecer e utilizar as dúas pero quizás utilizar máis o galego por ser a lingua propia de Galicia. Carmen Ferreiro.

    ResponderEliminar
  11. Temos que lograr que o galego sexa protexido, a pesares de que non teña un gran número de falantes, hai moitos galegos polo mundo que teñen ganas de conservar o que antes era unha lingua minoritaria. A riqueza dun pobo está tamén na súa lingua.
    Alejandro Martín.

    ResponderEliminar
  12. Moita xente pensa que o galego é unha lengua minoritaria e que casi non se usa , pero non,é una lengua oficial como moitas outras que existen, como puidemos comprobar no video. Eu creo que deberíamos darlle mais uso , importancia e sobre todo respeto.
    Lucía Signo

    ResponderEliminar
  13. Este vídeo explica moi ben todo o tipo de linguas, en especial o GALEGO, e aínda que nos pareza moi raro é incríbel a utilidade que hai tanto falando con outras persoas coma en internet, así que deberíamos de comezar a gozar cada vez máis do galego, a nosa lingua.

    ResponderEliminar
  14. Este vídeo explica moi ben todo o tipo de linguas, en especial o GALEGO, e aínda que nos pareza moi raro é incríbel a utilidade que hai tanto falando con outras persoas coma en internet, así que deberíamos de comezar a gozar cada vez máis do galego, a nosa lingua.

    ResponderEliminar
  15. Eu penso que o galego non é unha lingua minoritaria,pero si que é certo que debería falarse mais.O galego é unha lingua moi importante,sobretodo para nós, que temos a gran sorte de vivir en Galicia.
    Carmen Juncal.

    ResponderEliminar
  16. O galego é unha lingua coma outras,e somos uns privilexiados por tela xa que é ben bonita e da gusto falala. Temos que facer que chegue a máis xente e que aumente a poboación de falantes do galego. Hai que darlle o respeto que se merece.
    Nuria Picón

    ResponderEliminar
  17. A min me parece que o galego non e una lingua minoritaria, pero tendriamos que falala moito mas para poder conservala.
    Alexandre Fernández Fernández

    ResponderEliminar
  18. Opino que temos que coidar da nosa lingua para que non se deixe de falar,xa que é una parte moi importante da nosa cultura. Noa Cordido.

    ResponderEliminar
  19. A min paréceme que a lingua galega é unha fala que non a ten calquera,cada vez hay menos xente que a fala, e gustaríame que poidera conservarse durante mitos anos máis
    Sara Torrado García.

    ResponderEliminar
  20. Eu creo que neste texto quérenos facer entender que temos moita sorte de ter unha sengunda lingua como é o galego.
    Mario Arén González

    ResponderEliminar
  21. Non pensei que fora tan boa posición. Entre todos a facelo aun mellor, coidando e respetando a nosa lingua!!
    Álvaro Baltar

    ResponderEliminar
  22. O galego apórtanos cultura e beleza por iso temos que facer que sexa mais usado e importante! Andrea Gesteira

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog