Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ogalegoésagrado

17 de maio

Imaxe
Carlos Casares Mouriño: " A lingua dos galegos é o galego e eu, como escritor, deféndoa con todas as miñas forzas e os meus coñecementos"
Imaxe
LETRAS GALEGAS 2017 Carlos Casares Amemos o tempo que turra de nós e que nos leva. Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove, sempre é cedo pra o froito que agardamos e non chega.  Amemos á rosa porque é breve e ao tempo porque fuxe e non se para, inda que á veira das horas, nas esquiñas, morran as verdades contra o vento i a noite seña un recendo podrecido das frores que chantamos pra salvarnos.  Amemos as bocas que mancan ao bicalas, aos pianos que medran e non tocan e ás tardes fermosas que se acaban.  Amemos inda que a espranza turre cara abaixo a vencellarnos sempre contra nuncas de campos sen aire e corazóns parados.
Imaxe
DÍA DO LIBRO O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. A Orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.  Tamén nun 23 de abril naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. E ti, por qu...
Imaxe
Diversión en galego!  O vindeiro venres 17 o noso alumnado de 5º de Primaria será o protagonista do obradoiro Lingua Forza 3 Lingua Forza 3 trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Concurso Relato Curto Coca-Cola

Imaxe
CREATIVIDADE LITERARIA EN LINGUA GALEGA! Este venres tivo lugar en Vigo, na Facultade de CC. Empresariais e Económicas o IX Concurso Coca-Cola Novos Talentos Premio de Relato Curto Edición 2016-2017. Cinco alumnos de 2º ESO foron os representantes do noso Colexio: Aldara, Coral, Aitana, Pilar e Daniel. Os cinco, ao longo de dúas horas, deixaron libre a súa imaxinación, libre de fronteiras, elaborando relatos literarios na lingua de noso. Ser os elexidos para representar o Colexio, xa é todo un premio, noraboa rapaces! Toda unha experiencia universitaria e literaria!
Ano novo:           2017 Folgos a moreas, feixes e feixes de proxectos, de ilusións, de desexos...              SOÑOS!! Ousa soñar   en galego,        co galego,             para o galego.                   Dende o Sagrado.

BO NADAL!!

Imaxe
Para facer deste Nadal, un Nadal en galego, a cantar nos poñemos!!

YOUTUBEIR@S!!

Imaxe
E haberá alumnado do Sagrado que queiran ser youtubeiros e youtubeiras?  Se queredes compartir a vosas habilidades e criterios, que poidan ser de interese para outras persoas, a través dunha canle onde miles de millóns de persoas descobren, visualizan e comparten vídeos... nace este fantástico e motivante proxecto en lingua galega. Actualmente, Youtube é a segunda rede social máis empregada, despois de Facebook, con máis de mil millóns de usuarias e usuarios... Youtubeir@s – Concurso de vídeos na Rede, coa fin de fomentar a creación de vídeos en galego, tanto de opinión como vídeo-titoriais, para a súa difusión en Internet. Trátase dunha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Preme no seguinte enlace e consulta todo o que precises saber para poderes particip...
Imaxe
Manuel núñez Singala, visitará o Sagrado! Hoxe vimos de coñecer a confirmación da visita deste escritor galego, autor do libro Comedia bífida que está a debullar o alumnado de 1º de Bacharelato. O encontro con Singala terá lugar o vindeiro venres 16 de decembro. De seguro que habemos gozar coa súa presenza!

XII Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas

Imaxe
O pasado venres 18, unha representación do EDLG do colexio, asistiu á XII Xornada de Normalización Lingüísitca organizada por Escolas Católicas.  O curso tivo lugar no Centro Abanca Obra Social sito na céntrica Praza de Cervantes da capital galega.   Ao longo da mañá, os que asistimos á XII Xornada de Normalización Lingüística das Escolas Católicas de Galicia puidemos coñecer as experiencias de promoción do uso oral do galego presentadas polo Colexio Santa Xoana de Lestonnac de Ferrol, Compañía de María de Santiago, Calasanz Padres Escolapios da Coruña e IES Maximino Romero de Lema de Baio en colaboración co IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. A xornada completouse co obradoiro “A toponimia como ferramenta normalizadora no ensino”, a cargo do lingüista Vicente Feijoo, e con dúas conferencias: “As posibilidades de Casares”, do escritor Antón Riveiro Coello, e “A contribución dos equipos de dinamización da lingua galega ao proceso de normal...
Imaxe
QUEN DIXO MEDO? Chega o Samaín! A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebramos a festa máis arrepiante da nosa terra. Se non queredes recibir a visita dos espíritos noitébregos, é mellor que teñades preparado o voso calacú Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas clave para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e celebrar as festas dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do alén abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores, para render contas pendentes. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de face...

Día Europeo das Linguas

Imaxe
O galego, unha máis! O 26 de setembro todas as linguas europeas estiveron de celebración. Nesta data, lembramos a importancia e mais a necesidade de preservarmos e fomentarmos a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementarmos o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas. Neste sentido, non se deben pasar por alto datos como que en todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas, que a Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais (ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias) ou que se falan no seu territorio algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes. Neste mar de linguas que baña o continente europeo, está a lingua de noso. Ten vida propia desde o século IX, na palabra viva e no pensamento expresivo do pobo galego, e desde finais do XII na ...
Imaxe
Concurso Coca-Cola de Relato Curto: todo un éxito! As nosas alumnas, Clara Candisano e Sofía Martínez, acadan o 1º e o 2º posto no sector de Pontevedra na gala celebrada o pasado venres 13 en Santiago de Compostela. Resultados estupendos os acadados por estas dúas rapazas,ficando entre as 14 mellores de Galicia dun total de 311 participantes. A cerimonia de entrega tivo lugar no que fora a sede do Seminario de Estudos Galegos e contou coa presenza de Valentín García, Secretrio Xeral de Política Lingüítica. O Sagrado pode presumir de talento literario!!! http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/4139/secretaria-xeral-politica-linguistica-coca-cola-entregan-premios-concurso-novos
Imaxe
A Festa da Lingua triunfa no Sagrado!! O pasado martes 10, horas de diversión en galego foron as que se viviron no teatro do colexio en compañía de escolares e profesores doutros centros da bisbarra. No vindeiro curso,non queda outra: hai que repetir!!!

PARABÉNS ÁS FINALISTAS!!

Imaxe
As alumnas Sofía Martínez e Clara Candisano de 2º de ESO son finalistas na 8ª Edición do Concurso Coca-Cola Relato Curto. Os relatos saídos da imaxinación destas dúas rapazas  conquistaron o xurado e serán finalistas do concurso organizado pola multinacional. O vindeiro venres 20 coñeceremos os/as gañadores/as, nunha gala que terá lugar na sé da Secretaría Xeral de Política Lingüística, situado na rúa San Roque da capital galega, edificio que no seu momento albergou o Seminario de Estudos Galego por onde pasaron grandes persoeiros da cultura galega: Castelao, Vicente Risco, Fernández de Riego, Losada Diéguez... Fantástica elección para levar a cabo a entregra de premios! Moita sorte ás nosas alumnas!!

Festa da Lingua

Imaxe
O galego de festa no Sagrado! Este martes 10 de maio, o teatro do noso colexio será o escenario da Festa da Lingua de Primaria da localidade de Pontevedra e proximidades  organizada por Escola Católicas. Así de fermoso deixamos o noso escenario para gozar do galego!! Este evento é unha actividade dinamizadora da lingua galegga que se celebra en varias cidades de Galicia e á que asisiten os alumnos que participan na lectura dos libros finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento. Nestes eventos asisten a diferentes actividades culturais como obras de teatro, concertos, visitas guiadas... A programación será a seguinte: 10.00 h Inauguración  da xornada a cargo de D. Xosé Martínez Reboiras.  -Proxección do vídeo O galego é de todos realizado por alumnos do colexio Sagrada Familia de Aldán.  10.15-11.30  h Proxección de  MAIMIÑO  (75 min)   11.30 – 12.00  h Visita das Maimiñas, autoras de As Maimiñas. Unha viaxe polo m...

Obradoiro

Imaxe
Diversión en galego! Hoxe o noso alumnado de 5º de Primaria estivo foi o protagonista do obradoiro Lingua Forza 3 Lingua Forza 3 trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Teatro en galego

Imaxe
Galego no escenario do Sagrado A nosa lingua foi a protagonista o pasado mércores no teatro do colexio. A  fantástica actuación dos integrantes de Talía Teatro , fixo que o noso alumnado gozase dunha boa mañá de arte dramática.
Imaxe
TEATRO EN GALEGO!! O vindeiro mérores gozaremos no teatro do Sagrado da representación de dúas obras de teatro por parte da compañia Talía Teatro . Os títulos a pór en escena son: Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can) . Para 5º e 6º EP e 1º e 2º ESO. Século XVIII. Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Danniello Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañán pase a carruaxe. A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coas que se arte...

Día de Rosalía de Castro

Imaxe
#mobilizarosalía Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais. Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) queren conmemorar o 24 de febreiro -fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora- o Día de Rosalía de Castro. Para esa data a AELG propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións, dirixidas aos centros de ensino, coa finalidade de realizar accións colectivas de difusión da obra de Rosalía. Na Educación Secundaria e Bacharelato, dende a AELG propóñennos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mob...