TEATRO EN GALEGO!!


O vindeiro mérores gozaremos no teatro do Sagrado da representación de dúas obras de teatro por parte da compañia Talía Teatro. Os títulos a pór en escena son:
  • Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can). Para 5º e 6º EP e 1º e 2º ESO.
Século XVIII. Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Danniello Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañán pase a carruaxe.

A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coas que se artella un espectáculo que trata de reflexionar sobre a diferenza cultural, a desconfianza ao descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais, malia a cor da pel, das relixións e das posicións sociais.

Trátase, en definitiva, dun espectáculo para ver en familia, para rir sen medo e, ao tempo, para pensar sen prexuízos.

  • Bicos con lingua. Para 3º e 4º ESO e 1º e 2º BACH.


Un espléndido diálogo, tecido arredor da lingua, é o eixo central desta excelente peza dramática (…) a demostración palpable de que é certo que se pode facer, que se fai teatro, bo teatro nestes nosos lares. Había tempo que quen lles escribe non disfrutaba tanto vendo unha representación escénica na nosa linguaA. Conde (El Correo Gallego)

A novidade de ‘Bicos con Lingua’ é facer humor con esas cousas que habitualmente aparecen nos informes (dramáticos) sobre a perda de falantes en galego ou sobre algunhas esquizofrenias en relación co castelán. Cun estupendo sentido do humor, a máis recente montaxe de Talía, compón un rompecabezas de situación que van do completamente posible ata a proxección dun futuro que os optimistas damos por fantásticoC. Franco (La Voz de Galicia)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo