Día Europeo das Linguas
O galego, unha máis! O 26 de setembro todas as linguas europeas estiveron de celebración. Nesta data, lembramos a importancia e mais a necesidade de preservarmos e fomentarmos a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementarmos o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas. Neste sentido, non se deben pasar por alto datos como que en todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas, que a Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais (ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias) ou que se falan no seu territorio algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes. Neste mar de linguas que baña o continente europeo, está a lingua de noso. Ten vida propia desde o século IX, na palabra viva e no pensamento expresivo do pobo galego, e desde finais do XII na
Comentarios
Publicar un comentario