sábado, 11 de marzo de 2017

Diversión en galego! 

O vindeiro venres 17 o noso alumnado de 5º de Primaria será o protagonista do obradoiro Lingua Forza 3



Lingua Forza 3 trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste entroido do Sagrado ao Meco da entrada hai que obedecer, e con algunhas das súas vestimentas esta semana ao cole has de acceder....