Acaba de saír do forno: a por el! 5º reto : cal é o nome da flor do toxo ? E da flor do millo ? E da flor da herba de San Xoán ? Bulide na pescuda das vosas respostas !!
A fume de carozo chega o 4º Reto ... reto dobre: dúas preguntas, dous persoeiros destacados da nosa cultura... A) Que importante violinista deu Pontevedra ? B) Que galego foi o inventor da primeira calculadora moderna ? Non esteas nas berzas e apresúrate a contestar!!
O 2º reto xa botou a andar ! Non perdas tempo: le , consulta e responde ! ➽ Nomea 4 rúas de Pontevedra que leven por nome un autor/a homenaxeado nas Letras . En que ano ?
Moito ollo ! Temos o formigo, estamos que non acougamos! A fume de carozo irán chegando novidades enfornadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega ! Un adianto... Consulta as bases premendo aquí .
Pois iso, o deporte galego fala galego. Dezasete deportistas de elite do país reivindican a lingua galega neste vídeo realizado nos XX Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega. #odeportegalegofalagalego