Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

Día de Rosalía de Castro

Imaxe
#mobilizarosalía Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais. Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) queren conmemorar o 24 de febreiro -fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora- o Día de Rosalía de Castro. Para esa data a AELG propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións, dirixidas aos centros de ensino, coa finalidade de realizar accións colectivas de difusión da obra de Rosalía. Na Educación Secundaria e Bacharelato, dende a AELG propóñennos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mob

Programación co gallo do Día de Rosalía

Imaxe
  Goza dunha programaci ó n na t ú a cidade co gallo da conmemoraci ó n do nacemento da nosa figura m á is universal. Cando?  Mércores 24 de febreiro Onde?  Na Casa da Luz (praza da Verdura) Quen organizan?  Concello de Pontevedra, Asociación Maio Longo e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) O que? Actuación do grupo de cantareiras Adonairare Lectura de textos de Rosalía de Castro por representantes de diversos sectores da sociedade pontevedresa: educativo, cultural, empresarial, sindical, da integración social, deportivo, mocidade, etc. Lectura do manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Imaxe
24 de febreiro, D í a de Rosal í a de Castro Que mellor xeito de comezar esta nova andaina! Día de Rosalía de Castro, a figura máis universal da cultura galega! Por enriba de calquera circunstancia todas as galegas e galegos somos Rosalía! E hoxe, máis que nunca, debemos deixar que a súa voz fale en cada unha, en cada un de nós. E ti, por que es Rosalía?