Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2016

BO NADAL!!

Imaxe
Para facer deste Nadal, un Nadal en galego, a cantar nos poñemos!!

YOUTUBIER@S!!

Imaxe
Velaquí un vídeo explicativo do concurso estrela deste ano en lingua galega!! Non fiquedes sen participar!! Dáde renda solta á vosa imaxinación!

CULTURGAL 2016!

Imaxe
Xa está aquí unha nova edición da Feira das Industrias culturais  galegas e de novo na cidade do Teucro! Do venres 2 ao domingo 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra poderemos atopar expositores de editoriais, discográficas, produtoras, apps, distribuidoras, institucións, colectivos e outras iniciativas, e onde poderemos asistir a presentacións de libros e proxectos, concertos, proxeccións, representacións teatrais e doutras artes escénicas, gozando ademais da mellor gastronomía.  Tres días de referencia para gozar da Cultura galega e en galego! Preme no seguinte enlace e consulta a completa progamación que nos ofrece para poder disfrutar só, en parella, en familia, cas veciñas, cos do colexio, cos amigos, coas amigas, cas do baloncesto...!! Culturgal 2016