Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2017

OBRADOIRO

Imaxe
XOGUETOLOXÍA!! Hoxe, as nosas cativas e os nosos cativos de 1º de Primaria, tiveron a oportunidade de participaren nun entretido obradoiro: Obradoiro Xoguetoloxía . En que consistiu? O alumnado do primeiro curso de Primaria puido aprender e facer, coas súas propias mans, xoguetes con material de refugallo. Vaites! Ben orixinal e entretida estas actividades que nos trouxeron ao Colexio as monitoras de Xoguetoloxía .
Imaxe
Diversión en galego!  O vindeiro venres 17 o noso alumnado de 5º de Primaria será o protagonista do obradoiro Lingua Forza 3 Lingua Forza 3 trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Concurso Relato Curto Coca-Cola

Imaxe
CREATIVIDADE LITERARIA EN LINGUA GALEGA! Este venres tivo lugar en Vigo, na Facultade de CC. Empresariais e Económicas o IX Concurso Coca-Cola Novos Talentos Premio de Relato Curto Edición 2016-2017. Cinco alumnos de 2º ESO foron os representantes do noso Colexio: Aldara, Coral, Aitana, Pilar e Daniel. Os cinco, ao longo de dúas horas, deixaron libre a súa imaxinación, libre de fronteiras, elaborando relatos literarios na lingua de noso. Ser os elexidos para representar o Colexio, xa é todo un premio, noraboa rapaces! Toda unha experiencia universitaria e literaria!