Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

Conta atrás!

Imaxe
Xa podemos deleitarnos coa canción en galego dos nosos Pequenos Besbellos ! Preme na seguinte ligazón  https://youtu.be/bZt6-AySyYw A organización de Quero Cantar    fixo pública nesta pasada fin de semana a nosa participación no certame. O vindeiro mércores 31, o xurado reunirase e elixirá as cinco bandas de cadansúa categoría que pasan ao disco e, de entre elas, as tres por categoría que o 17 de novembro interpretarán en directo os seus temas no teatro Colón da Coruña.  A cruzar os dedos e que haxa sorte!
Imaxe
PARABÉNS Á NOSA BIBLIO!! E que veñan 1000 primaveras máis!

Estamos de noraboa no colexio!

Imaxe
Dá moito gusto pendurar nesta bitácora estas novas pois, amosan que bota a andar un fermoso proxecto que mestura a lectura e a lingua galega .
Imaxe
PEQUENOS BESBELLOS , este é o nome co que inicia o seu sendeiro o conxunto musical do Sagrado que posúe, como un dos seus alicerces, o emprego da lingua galega nas súas creacións artísticas. O grupo, capitaneado polo profesor e música Roberto Calvo, aplicouse moito neste comezo de curso e xa están enfornando unha canción que de seguro non os vai deixar indiferentes. Ademais, será esta composición a que presentaremos ao concurso musical Quero Cantar organizado pola Deputación da Coruña. O que temos dende o EDLG, é que nós xa gañamos moito con este ruxerruxe musical galego que se pode escoitar polos nosos corredores. Ficade atentos ao transcorrer dos acontecementos nesta aventura artística que dende o EDLG impulsamos.

CLUB DE LECTURA XUVENIL

Imaxe
Fantástica iniciativa  impulsada dende o  Equipo da Biblioteca!!
Imaxe
  Algo andamos enfornando dende o EDLG...