3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria

A señorita Bubble. Ledicia Costas.



A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.



Hugo e o ladrón pantasma. Carlos Vila Sexto.

Nunca é doado ser o novo do colexio, sobre todo cando o novo é alguén coma Hugo, que ten un ollo de cada cor e aínda por riba anda nunha cadeira de rodas. Hugo nota a falta do mar de Noja, onde vivía antes. Con todo, adáptase axiña á súa nova vida e máis cando na localidade se producen uns estraños roubos que comeza a investigar cos seus amigos Max e Olivia

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo