4ª Categoría: 1º e 2º de ESO



A incrible viaxe de Noa. Fernando F. Cimadevila.

Chámome Noa e ou meu mundo está a morrer. Sei que non é un bonito comezo, pero é a verdade. Os meus pais e mais eu tentamos fuxir na procura dun lugar mellor fóra da Urbe. Sen embargo, os axentes da Corporación deron connosco e agora atópome perdida neste perigoso lugar coñecido como a Rexión Exterior. Na compaña do meu can Martin debo percorrer o longo camiño até unha misteriosa illa coa encomenda de entregar o que talvez sexa o obxecto máis importante do mundo, un legado que me deixaron os meus pais e que podería cambiar o futuro



Mael: máis alá da fraga de cornanda. Uxía Meirama

A sombra dunha traxedia vai empanar a alegría de Mael de ser quen, por fin, de participar como un adulto máis na colleita de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon os seus pais ás portas da morte, embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar.Uxía Meirama comeza con este volume unha serie de novelas caracterizadas pola fantasía e a aventura, e nas que se exaltan valores como a amizade, a lealdade ou o amor pola natureza. Animais fantásticos, meigas e xanas, augas milagreiras, ogras e xigantes desfilan polas páxinas nunha constante sucesión de acontecementos marabillosos, todo contado cunha prosa áxil, con diálogos chispeantes e cunha riqueza de linguaxe que fan deste libro unha excelente lectura xuvenil.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo