I CONCURSO DE RELATOS DE MEDO. 1ª Categoría: 5º e 6º Primaria

O trío do terror


Houbo unha vez, no pobo de Castrovello, tres personaxes de medo aos que lles ía moi mal a vida.
O Chuchasangue non atopaba ningún rapaz aos que chucharlle o sangue, o Sacauntos tres cuartos do mesmo, e o Home do Saco, quen había moito tempo que non atopaba ningún neno fóra da casa pola noite. O que non sabían era que todo ía cambiar cando se xuntasen os tres.

Un día escuro de outono, estes tres personaxes coñecéronse, andaban á procura de nenos e estaban agochados preto do mesmo colexio. Decidiron unir as súas forzas para conseguir máis nenos: o home do saco apañaríaos, o Chuchasangue chucharíalles o sangue e por último, o Sacauntos sacaríalles os untos para facer fermosos xabóns de lavanda en forma de bolboreta que logo se venderían nas tendas.

Chegou o día no que se celebraba o Samaín. Cando se fixo de noite, dous rapaces, Xulio e Xoán, ían saír afacer truco ou trato. A súa nai advertiulles que volveran ás dez, pois se viñan máis tarde apañaríaos o Home do Saco. Os nenos non lle fixeron moito caso e marcharon a rir, non sabían o que lles agardaba...

Xulio  e Xoán xa tiñan bastantes caramelos pero aínda querían máis. Cando viron o reloxo, xa pasaban máis das dez da noite. Ían marchar para a casa, entón Xulio escoitou uns pasos detrás deles. Logo déronse conta de que unhas mans os agarraban polos nocellos e, de súpeto, todo se volveu escuro. Comprenderon axiña que os capturara o Home do Saco. Uns intres despois, Xulio conseguiu facer un pequeno buraco e foino agrandando. Máis tarde, sentiu que estaban quedos e que Xoán xa non estaba con el. Aproveitou para fuxir chegar á casa. Asustado, contoulle aos seus pais o que pasara, pero non o creron.  Dixéronlle que tomara moito azucre.

Xulio non volveu saír da casa pola noite e Xoán nunca regresou.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo