V CONSURSO RELATO MEDO_BASES


Co gallo da celebración do Samaín, o Equipo de Dinamización de Lingua Galega organiza un concurso de relatos de medo.
Se tes a ousadía de participares, as bases do concurso son as que seguen:

PARTICIPACIÓN
Poderá participar alumnado de 5º Primaria até 2º Bacharelato
Poderán concorrer con traballos orixinais escritos en galego nas seguintes categorías
  • 1ª categoría: 5º e 6º de Primaria
  • 2ª categoría: 1º e 2º ESO
  • 3ª categoría: 3º e 4º ESO
  • 4º categoría: 1º e 2º Bacharelato.


MODALIDADE
Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e concorrerán na categoría correspondente. Deberán ser historias de medo localizadas en Galicia, usando as figuras da nosa cultura popular (Lobishome, Diaños, meigas, Santa Compaña, o Urco, Defuntos, Aparicións,  Trasnos, Mouros, Fadas...),. Así mesmo, han ser escritas en folios en branco sen superar, en ningún caso, as dúas cariñas de extensión.
 
Aquelas producións que non cumpran cos requisitos sinalados (extensión, escrito a man, temática...) ficarán excluídos.

PRESENTACIÓN
As producións serán entregadas ao profesor de Lingua Galega correspondente. Amais, incluirase ao comezo un título e ao final o nome, apelidos e curso do autor/a.

PREMIOS
Entregarase o correpondente diploma acreditativo.
Os premios consistirán en libros de lectura,  material escolar... (por determinar)
O xurado poderá, en función da calidade dos traballos presentados, declarar deserto o premio.

XURADO
O xurado estará constituído por membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

PRAZO DE PRESENTACIÓN
A data límite de entrega é o luns 6 de novembro.

FALLO
Farase público festa do magosto do Colexio, publicando os relatos gañadores de cadansúa categoría no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo