I CONCURSO DE RELATOS DE MEDO. 3ª Categoría: 3º e 4º ESO


O SAMAÍN DE LAURA


Era 31 de outubro, parecía un día normal, mais non o era, aínda que non o souberan, este día ía ser o máis terrorífico da historia de Laura, dos seus amigos, do seu irmán Brais e da súa veciña Carlota.
Era un día normal no colexio, e Sara, unha das súas amigas, dixo de quedar nun parque pola noite para celebrar o Samaín.

Cando rematou o colexio, Laura díxolle aos seus pais e ao seu irmán que quedara cuns amigos para celebrar o Samaín, a súa nai díxolle que cando marchase se asegurara de que Brais, o seu irmán, estivera durmido, xa que ían estar toda a noite celebrando o seu aniversario. Unha vez chegada a noite, Laura acostou ao seu irmán e el pediulle ir con ela, mais só negou. Un rato máis tarde, Brais xa estaba durmido e ela marchou cos seus amigos e, cando chegou ao parque estaban alí esperando os seus amigos: Sara, Paula, Hugo e David. 

Tamén estaba a súa veciña Carlota que só pasaba por alí, mais quedou con eles; e, de súpeto, escoitouse un ruído espantoso, empezou a ulir a lobos e algunha persoas convertéronse en lobishomes; os lobishomes empezaron a perseguir as persoas e mordelos para que se converteran tamén en lobishomes. Por sorte, Laura e os seus amigos conseguiron escapar e mentres o facían encontráronse, polo camiño, a Brais e o seu can. Laura díxolle a Brais que por que estaba alí con Max se tiña que estar durmindo; mentres lle rifaba viron aos lobishomes e tiveron que volver escapar e, para que non os pillasen, foron á casa máis próxima, á de Hugo e, ao chegar só se encontraron cunha desorde e uns cantos diaños e trasnos, que ao darse conta de que estaban alí, os trasnos foron a atacalos. 

Saíron da casa e uns lobishomes os perseguiron; correron tanto que chegaron ata unha aldea amurallada que nunca viran antes, cando se deron conta de que nesa aldea vivían os mouros, botaron a correr e os mouros os perseguiron polo bosque ata atopar a casa dunha muller que tiña un gato negro. Petaron na porta e abriulle a muller, cando pasaron déronse de conta de que era unha meiga e saíron correndo. 

Pareceu que a deixaran atrás, pero eles seguiron correndo ata que David tropezou de dobrou o xeonllo, mentres o curaban e o axudaban a camiñar, a meiga os atopou e lanzoulle un feitizo a Max converténdoo en no Urco, que tiña a cadea atada ao pé de David, todos correron e o Urco perseguíndoo, ao igual que a meiga, polo camiño, un lobishome viunos e atacou a Hugo volvéndoo lobishome, logo a meiga converteu a David no demo, máis adiante, despistaron a todos e escondéronse na mansión de Paula e, misteriosamente, os mouros entraron na mansión e tiveron que escapar, mais Paula non o logrou e os mouros secuestrárona. Carlota decatouse de que o seu irmán tiña un bate de béisbol na casa, así que foron perseguidos polos trasnos e, por sorte, un autobús cheo de trasnos que non conseguían saír atropelou aos outros trasnos. Cando ían cruzar, a Santa Compaña pasou e só impediu, os trasnos conseguiron saír do autobús e levaron a Sara con eles. 

Os demais correron ata atoparse co demo que calcinou a Carlota. Laura e Brais escaparon e detrás deles estaba o Urco que os levou xunto a meiga e converteu a Brais nunha araña e logo berrou de dor porque estaba amencendo e co alba, todo volveu á normalidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo