Marcadores textuais

Se andas a crear unha produción escrita, esta listaxe de seguro que che será de utilidade...
Para ordenar ideas
En primeiro lugar, en segundo lugar, a seguir, por un lado, por unha parte, por outro lado, por outra parte, a respecto de, polo que se refire a, por último, finalmente, para finalizar...
Para engadir ideas relacionadas
Ademais, despois, tamén, así mesmo, do mesmo xeito, igualmente, á parte diso, alén diso, e aínda máis...
Para ligar causas e consecuencias
Porque, debido a, por causa de...
Entón, daquela, polo tanto, por iso, por conseguinte, así que, así pois, de aí que...
Para explicar, reformular ou precisar unha idea
Ou sexa, quer dicir, é dicir, ou o que é o mesmo, mellor dito, máis ben, noutras palabras, en calquera caso, particularmente...
Para contrastar ideas ou indicar unha oposición
Ante iso, polo contra, polo contrario, en cambio, porén, agora ben, iso si, non obstante, con todo, así e todo, de todos os xeitos, ante iso, como alternativa...
Para confirmar e ampliar
En efecto, así é, efectivamente, de feito...


Para inserir exemplos
Por exemplo, en concreto, concretamente, como ilustración...


Para comezar a explicar
Para comezar, ao primeiro, ante todo, primeiramente...


Para resumir e pechar
En resumo, en conclusión, visto o anterior, para rematar...



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo