I CONCURSO DE RELATOS DE MEDO. 2ª Categoría: 1º e 2º ESO


O DESAPIADADO LOBISHOME DE FERROL


Fai tan só uns meses, ocorreu en Ferrol un monstruoso suceso que fai estremecerse a calquera: na parroquia da Mariña instalouse un sanguinario lobishome afeccionado a asasinar nenos/as o máis agonicamente posíbel. Este desapiadado ser escolleu a primeira semana de lúa chea do mes de xullo para comezar coas matanzas... 

O luns ao anoitecer, decidiu ir a por un neno que vivía nunha casiña ás aforas... Achegouse ata alí sen ser visto, camiñando polo bordo da fraga... Cando deron as doce, soaron as badaladas da igrexa... o lobishome acercouse á casiña... colleu un coitelo de serra... subiu sixilosamente as escaleiras ó segundo piso, onde se atopaba a habitación do neno... abriu a porta, entrou... e agharrou ó neno polo tornecelo... O neno espertou, sobresaltado, e comezou a berrar...Pero antes de que ninguén se decatara dos seus berros, abalanzouse sobre el e tapoulle a boa coas sabas... e enroscou o corpo coa manta... 

Asustado, amordazado e chorando, o pobre neno non podía facer máis que ver como se acercaba a súa fin... O lobishome achegouse entón ao coitelo de serra, e, moi lentamente, foi cortando a perna dereita do neno... rrris, rrras... a desapiada criatura desfrutaba tanto coa agonía do pequeno que lle caía a baba... Pasaron dous longos minutos... rrris, rrras, o lobishome movía o coitelo con tanta énfase que rematou de cortar en tan só cinco minutos...O neno, case morto, agonizando, non tiña xa forzas para gritar... pero chegábanlle para un, último, grito de desesperación... 

Cando o cruel ser deu por rematado o seu traballo, cravou, con tódalas forzas que lle quedaban, o coitelo de serra no embigo do neno, coma se se tratara dunha diana... A pesar das sabas que cubrían a boca do neno, o lobishome puido oír o derradeiro berro do neno, desangrándose pola perna e a barriga... Agora si, co traballo finalizado, saltou o desapiadado ser pola fiestra e ouveou: auuuuu...

Algúns din que continúa coas súas matanzas, pero ninguén o sabe con certeza...
                                                                            FIN?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo