Que é?

PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO



O Premio Frei Martín Sarmiento recoñece obras da literatura infantil e xuvenil seleccionadas polo alumnado e polas súas familias dos centros que forman parte de Ferega-Ceca.

É unha actividade impulsada dende de animación á lectura en lingua galega mediante a cal nos propoñen unha serie de libros finalistas en diferentes categorías dende Educación Infantil ata Bacharelato que os alumos len ao longo do curso e emiten as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das diferentes categorías.

Ferega-Ceca vén impulsando desde hai anos os premios literarios Frei Martín Sarmiento. Para isto, conta co apoio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro dun convenio de colaboración que inclúe, xunto con estes premios, diversas iniciativas para promover a estima do galego, así como para favorecer o seu uso entre o persoal e o alumnado dos centros da federación.

No Sagrado, como actividade impulsada polo EDLG, sumámonos a participar na lectura das obras finalistas nas súas diferentes categorías procuparando deste xeito que toda a comunidade educativa do noso centro se sumerxa no universo literario en galego, fomentando a lectura na lingua de noso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo