Textos literarios de noso



Curso 2016-2017

Dous nenos irmáns, un día, aburridos,
quixeron quedar na escola escondidos,
e cando foi hora da casa partir,
eles agocháronse para non saír.
Fixeron calados nas aulas valeiras,
xogaron alegres polas escaleiras,
perderon o tempo, non se decataron
que era noite pecha e estaban cansos…
Cando as luces dormen e todo está escuro,
os libros espertan e asoman ao mundo.
A fada, primeiro, vaise levantar,
e así, vida, os libros van poder cobrar.
Fadas, gnomos, trasnos, sereas a centos
saen dos seus contos e vagan contentos.
Asústase a nena ao velos saír
dun estoxo pechado e quere fuxir….
Gnomos e trasnos quérense esconder
pois os moi travesos maxias van facer,
corren polas aulas con moita ledicia
e acaban tirando o pupitre de Alicia.
Unha serea de longo cabelo
quixo dar un bico ao peixe amarelo
que dorme no acuario do segundo piso
onde ten a aula o Sr. Narciso.
A fada, nerviosa, para de voar
e sinala diante no primeiro A:
-“Que pasou daquela, por que imos parar?”
Preguntou o trasno, un ser singular.
-“Observade alí, preto do cristal.
Seica está un neno e vainos pillar”.
-“Un neno a estas horas? Eu vouno mirar,
pois non podo estar sen investigar”.
O trasno asomouse á clase de en fronte
e confunde o neno cun rinoceronte.
-“Ao animaliño quero liberar.
Un, dous, tres e catro... lisca do lugar!”
O neno abraiado, sae sen entender
como a porta, soa, se puido mover,
e cheo de medo, comeza gritar,
chamando á irmanciña, quere regresar.
E así, os cativos marchan rapidiño
e van para a casa arrepentidiños.
Os seres fantásticos regresan aos seus contos
tras axudar felices a estes nenos tontos.


Paula Diz Parrondo 1º ESO A

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo