Concurso Coca-Cola de Relato Curto: todo un éxito! As nosas alumnas, Clara Candisano e Sofía Martínez, acadan o 1º e o 2º posto no sector de Pontevedra na gala celebrada o pasado venres 13 en Santiago de Compostela. Resultados estupendos os acadados por estas dúas rapazas,ficando entre as 14 mellores de Galicia dun total de 311 participantes. A cerimonia de entrega tivo lugar no que fora a sede do Seminario de Estudos Galegos e contou coa presenza de Valentín García, Secretrio Xeral de Política Lingüítica. O Sagrado pode presumir de talento literario!!! http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/4139/secretaria-xeral-politica-linguistica-coca-cola-entregan-premios-concurso-novos
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: maio, 2016
PARABÉNS ÁS FINALISTAS!!
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
As alumnas Sofía Martínez e Clara Candisano de 2º de ESO son finalistas na 8ª Edición do Concurso Coca-Cola Relato Curto. Os relatos saídos da imaxinación destas dúas rapazas conquistaron o xurado e serán finalistas do concurso organizado pola multinacional. O vindeiro venres 20 coñeceremos os/as gañadores/as, nunha gala que terá lugar na sé da Secretaría Xeral de Política Lingüística, situado na rúa San Roque da capital galega, edificio que no seu momento albergou o Seminario de Estudos Galego por onde pasaron grandes persoeiros da cultura galega: Castelao, Vicente Risco, Fernández de Riego, Losada Diéguez... Fantástica elección para levar a cabo a entregra de premios! Moita sorte ás nosas alumnas!!
Festa da Lingua
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O galego de festa no Sagrado! Este martes 10 de maio, o teatro do noso colexio será o escenario da Festa da Lingua de Primaria da localidade de Pontevedra e proximidades organizada por Escola Católicas. Así de fermoso deixamos o noso escenario para gozar do galego!! Este evento é unha actividade dinamizadora da lingua galegga que se celebra en varias cidades de Galicia e á que asisiten os alumnos que participan na lectura dos libros finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento. Nestes eventos asisten a diferentes actividades culturais como obras de teatro, concertos, visitas guiadas... A programación será a seguinte: 10.00 h Inauguración da xornada a cargo de D. Xosé Martínez Reboiras. -Proxección do vídeo O galego é de todos realizado por alumnos do colexio Sagrada Familia de Aldán. 10.15-11.30 h Proxección de MAIMIÑO (75 min) 11.30 – 12.00 h Visita das Maimiñas, autoras de As Maimiñas. Unha viaxe polo mundo, finalistas do Premio Sarmiento na 1ª catego