Publicacións

Imaxe
DÍA DO LIBRO O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. A Orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.  Tamén nun 23 de abril naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. E ti, por qu...

OBRADOIRO

Imaxe
XOGUETOLOXÍA!! Hoxe, as nosas cativas e os nosos cativos de 1º de Primaria, tiveron a oportunidade de participaren nun entretido obradoiro: Obradoiro Xoguetoloxía . En que consistiu? O alumnado do primeiro curso de Primaria puido aprender e facer, coas súas propias mans, xoguetes con material de refugallo. Vaites! Ben orixinal e entretida estas actividades que nos trouxeron ao Colexio as monitoras de Xoguetoloxía .
Imaxe
Diversión en galego!  O vindeiro venres 17 o noso alumnado de 5º de Primaria será o protagonista do obradoiro Lingua Forza 3 Lingua Forza 3 trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Concurso Relato Curto Coca-Cola

Imaxe
CREATIVIDADE LITERARIA EN LINGUA GALEGA! Este venres tivo lugar en Vigo, na Facultade de CC. Empresariais e Económicas o IX Concurso Coca-Cola Novos Talentos Premio de Relato Curto Edición 2016-2017. Cinco alumnos de 2º ESO foron os representantes do noso Colexio: Aldara, Coral, Aitana, Pilar e Daniel. Os cinco, ao longo de dúas horas, deixaron libre a súa imaxinación, libre de fronteiras, elaborando relatos literarios na lingua de noso. Ser os elexidos para representar o Colexio, xa é todo un premio, noraboa rapaces! Toda unha experiencia universitaria e literaria!

180º anivesario de Rosalía de Castro

Imaxe
Rosalía: muller , galega , poeta , innovadora , vangardista , loitadora , resistente ... UNIVERSAL !

24 de febreiro: Día de Rosalía

Imaxe

Concursos literarios

Imaxe
Non lle poñas cancelas á túa imaxinación! Anímate a participar nos concursos literarios! O vindeiro venres 31 remata o prazo para presentarse á 45 Edición dos Premios Literarios Minerva . Toda a infomación en   concursos literarios: Premios Minerva .