Parabéns!

Dende o noso pequeno recuncho queremos facer resón dunha formidábel nova para a nosa literatura: Antonio García Teijeiro acaba de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura co libro de poesía en galego Poemar o mar.

Poemar o mar, un libro de poemas escrito en galego acaba de lle valer ao vigués Antonio García Teijeiro facerse co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. O galardón que outorga do Ministerio de Cultura recoñece un traballo "cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o grande protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas". A obra, que é o primeiro poemario en se facer co galardón nos últimos quince anos, está publicada por Xerais con ilustracións de Xan López Domínguez.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo