Libros de lectura 2º ESO

CURSO ACADÉMICO 2018-2019

Soneto no alfabeto. Xoán Carlos Domínguez Alberte.

Xoán Carlos Domínguez Alberte ofrécenos agora unha nova achega poética pensada para a xuventude. Porque elas e eles non son alleos á poesía e merecen textos delicados e atrevidos coma este libro que tes nas mans. O autor sorpréndenos, ademais, cun libro de sonetos nos que cada poema se centra nunha letra distinta da nosa lingua. Un exercicio lírico que demostra a relación feliz do autor coa lingua galega e que ás e ós mozos proporcionará momentos de gozo lector.




Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Ledicia Costas.


A trama do libro sitúase cando, o 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.


CURSO ACADÉMICO 2017-2018

1ª avaliación:  Fantasmas de luz


Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. 

Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.

Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón»

Premio AELG ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, 2012 - Premio da Critica Galicia de Creación Literaria, 2012


2ª avaliación: Todos somos

Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. 

As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. 

Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.

Comentarios

  1. Carmen Pilar, Martina, Pilar, Milagros y Pilar: (7)
    Este libro gustounos bastante debido a que a historia e conmovedora e a vez entretida porque conta moitos sucesos interesantes.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Reflexión, comentario breve demais.

      *debido a que: xa que, posto que; *e conmovedora: é (verbo ser); *a: á (a+a)

      Eliminar
  2. Carmen, Carmen, Sabela, Antía e Miriam (9).
    A nos gustounos moito, xa que fala da importancia de vivir as cousas día a día e de vivilas cos que máis nos queren. Fai referencia á sociedade de hoxe en día porque moita xente discrimina aos anciás, isto o autor refléctao cunha métafora dicindo que son invisíveis.
    Este libro ensinounos que temos que respectar a todalas persoas, de calquera idade, raza ou relixión e sobre que temos que vivir cada momento.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. *aos anciás: os anciáns (vós puxéstolo en feminino plural precedidido por un artigo en masculino, falta de concordancia; por outro lado, o C.D en galego non leva a preposición "a" polo que non hai contracción); *refléctao: reflícteo; *invisíveis: invisíbeis; *todalas: tódalas (esdrúxula) ou todas as; *e sobre que temos que: así como a

      Eliminar
  3. Daniel,Álvaro,Ariadna Y Jose Antonio:
    A nota que lle damos ao libro FANTASMAS DE LUZ e un 8.
    Dámoslle esta nota ao libro debido a que nos ensina a que non debemos excluír da sociedade a una persoa soamente pola súa idade,por outra parte,pensamos que hai partes nas que o libro vólvese un pouco pesado,de non ser por iso sería un libro de 10.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. *e: é (verbo ser, acento diacrítico); *debido a que: posto que, xa que; *una: unha; *pola súa idade, por outra parte...: pola súa idade. Por outra banda,... (puntuación); *nas que o libro vólvese: nas que o libro se volve (colocación do pronome átono); espazo despois dos signos de puntuación.

      Eliminar
  4. Daniel,David,Iago,Guillermo,Roberto
    A nota que lle damos a fantasmas de luz é un 9 xa que explica a situación social das persoas maiores de 50 anos e sen traballo.

    ResponderEliminar
  5. Marta.B. , Lucia Somoza , Lucia Signo , Aldara y Marta.T.( 7 )
    A nosa opinión sobre este libro , fantasmas de luz , é que non nos gustou moito xa que facíase interminable pero o contido gustounos por outra parte reflexa moi ben o desprecio laboral as persoas maiores de 50 anos .

    ResponderEliminar
  6. Antonio,Ariadna,Teresa(8):A nós pareceunos un libro bastante entretido de ler por unha parte,pero por outra,pareceunos que ao longo do libro,case non se desenvolveron acontecementos e que estaba sempre a falar do mesmo. Aínda que é verdade que os tres coincidimos en que a ensinanza do libro parécenos moi realista e fala de cousas que son moi parecidas ao que pasa na actualidade,neste caso,das persoas maiores.

    ResponderEliminar
  7. Ramón, Iago, Pablo, Víctor e Bernardo.
    A nota que escollimos para o libro "Fantasmas de luz", foi un 8.
    Este libro gustounos por varias razóns, tocaba temas moi interesantes e que suceden na actualidade, como por exemplo a discriminación por idade por outra banda, tamen trata a adición ao traballo.

    ResponderEliminar
  8. Marta, Gisela,Luis,(8) poñémoslle esta nota porque nos pareceu un libro moi realista, explicaba moi ben o que lle acontecen ás persoas maiores no día de hoxe. Póñemoslle esta nota tamén poruqe era un pouco aburrido.

    ResponderEliminar
  9. Marta, Gisela e Luis. (8) poñémoslle esta nota xa que nos parece un libro moi realista, explica moi ben o que lle acontece ás persoas maiores hoxe en día, por outra parte parécenos un libro un pouco aburrido.

    ResponderEliminar
  10. (Manuel,Ignacio,Adrián,Jesus,Daniel)(8)
    A nós gustounos o libro pero non suficente para levar o 10 xa que o libro transcurria moi lentamente ademais o tema era un pouco aburrido...
    pero no momento no quefaceronse invisibeis empezou a gustarnos máis.

    ResponderEliminar
  11. María F. , Antonio D. , Rodrigo e Catalina: (7)
    A nós o libro gustounos porque fala da discriminación social e laboral das persoas maiores de 50 anos, xa que lles van máis problemas ca os máis mozos. Por outra parte, o libro foi un pouquiño largo e resultou algo pesado e cansino, se non tivera estes defectos, para nós sería un 10.

    ResponderEliminar
  12. Manuel Rodríguez,Daniel Soto,Jesús e Ignacio puntuación (8)
    A nos o libro "Fantasmas de Luz" gustounos xa que parecenos moi importante os temas que trata e o xeito de contalo, o convertirse en fantasmas pareceunos moi curiosa

    ResponderEliminar
  13. Marta R, Coral, Carlota e Ángela (7)
    Gustounos mais foi un pouco pesado e aburrido, facíase moi longo; pasaba moito tempo describindo cousas que non interesaban tanto, mentres que outras que podían interesar máis, pasábaas moi rápido.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo