
Bruxa e familia. Paula Carballeira.
As «pequenas grandes» cousas, nas que nin reparamos ás veces, agroman nestas historias para intentar comprender o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza.
Catro pedras vellas. Pere Tobaruela

Xela, gran coñecedora de todos os recunchos de Vilar de Abade e da súa contorna, convida a Fuco, Carlos e Ana a unha excursión ata aquelas ruínas. Quere que lle boten unha man para resolver un enigma. Nun par de ocasións que visitara aquel castro, antes de chegar, parecéralle ver xente movéndose entre as pedras. Xente que desaparecía de súpeto, como se intuíran cando se achegaba alguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario