O trío do terror
Houbo
unha vez, no pobo de Castrovello, tres personaxes de medo aos que lles ía moi
mal a vida.
O
Chuchasangue non atopaba ningún rapaz aos que chucharlle o sangue, o Sacauntos
tres cuartos do mesmo, e o Home do Saco, quen había moito tempo que non atopaba
ningún neno fóra da casa pola noite. O que non sabían era que todo ía cambiar
cando se xuntasen os tres.
Un
día escuro de outono, estes tres personaxes coñecéronse, andaban á procura de
nenos e estaban agochados preto do mesmo colexio. Decidiron unir as súas forzas
para conseguir máis nenos: o home do saco apañaríaos, o Chuchasangue
chucharíalles o sangue e por último, o Sacauntos sacaríalles os untos para
facer fermosos xabóns de lavanda en forma de bolboreta que logo se venderían
nas tendas.
Chegou
o día no que se celebraba o Samaín. Cando se fixo de noite, dous rapaces, Xulio
e Xoán, ían saír afacer truco ou trato. A súa nai advertiulles que volveran ás
dez, pois se viñan máis tarde apañaríaos o Home do Saco. Os nenos non lle
fixeron moito caso e marcharon a rir, non sabían o que lles agardaba...
Xulio e Xoán xa tiñan bastantes caramelos pero
aínda querían máis. Cando viron o reloxo, xa pasaban máis das dez da noite. Ían
marchar para a casa, entón Xulio escoitou uns pasos detrás deles. Logo déronse
conta de que unhas mans os agarraban polos nocellos e, de súpeto, todo se
volveu escuro. Comprenderon axiña que os capturara o Home do Saco. Uns intres
despois, Xulio conseguiu facer un pequeno buraco e foino agrandando. Máis
tarde, sentiu que estaban quedos e que Xoán xa non estaba con el. Aproveitou
para fuxir chegar á casa. Asustado, contoulle aos seus pais o que pasara, pero
non o creron. Dixéronlle que tomara
moito azucre.
Xulio
non volveu saír da casa pola noite e Xoán nunca regresou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario