Co gallo da celebración do Samaín, o Equipo de Dinamización
de Lingua Galega organiza un concurso de relatos de medo.
Se tes a ousadía de participares, as bases do concurso son
as que seguen:
PARTICIPACIÓN
Poderá participar alumnado de 5º Primaria até 2º Bacharelato
Poderán concorrer con traballos orixinais escritos en galego
nas seguintes categorías
- 1ª categoría: 5º e 6º de Primaria
- 2ª categoría: 1º e 2º ESO
- 3ª categoría: 3º e 4º ESO
- 4º categoría: 1º e 2º Bacharelato.
MODALIDADE
Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en
lingua galega e concorrerán na categoría correspondente. Deberán ser historias
de medo localizadas en Galicia, preferentemente usando as figuras da nosa
cultura popular (Lobishome, Diaños, meigas, Santa Compaña, o Urco, Defuntos,
Aparicións, Trasnos, Mouros, Fadas...),.
Así mesmo, han ser escritas en folios en branco sen superar, en ningún caso, as
dúas cariñas de extensión.
PRESENTACIÓN
As producións serán entregadas ao profesor de Lingua Galega
correspondente. Amais, incluirase ao comezo un título e ao final o nome,
apelidos e curso do autor/a.
PREMIOS
Os premios consistirán en libros de lectura ou material
escolar.
O xurado poderá, en función da calidade dos traballos
presentados, declarar deserto o premio.
XURADO
O xurado estará constituído por membros do Equipo de
Dinamización da Lingua Galega.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
A data límite de entrega é o mércores 8 de novembro.
FALLO
Farase público no blog
do Equipo de Dinamización da Lingua Galega o 11 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario