Que desexamos atanguer?

INFANTIL
  • Fomentar o hábito de lectura en Lingua Galega. 
  • Escoitar textos en Galego da literatura infantil.
  • Coñecer, apreciar e valorar a Lingua Galega coma unha lingua propia e enriquecedora da nosa cultura.
  • Potenciar o uso do galego na vida do centro impulsando a súa presenza progresiva.

PRIMARIA / SECUNDARIA
  • Consolidación das actividades a prol do galego a través do Blog do EDLG.
  • Potenciar o uso do galego na vida do centro impulsando a súa presenza progresiva.
  • Valorar positivamente o uso da lingua galega entre os membros da comunidade educativa para a superación progresiva de realidades diglósicas e dos prexuízos asociados.
  • Fomentar a consideración da diversidade lingüística como un tesouro cultural
  • Implicar activamente o alumnado nun labor dinamizador do uso da lingua galega e da súa valoración positiva, con repercusións máis alá dos límites do centro.
  • Promover o uso activo de ferramentas das tecnoloxías da información e comunicación en galego.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo