Publicacións

Día Europeo das Linguas

Imaxe
O galego, unha máis! O 26 de setembro todas as linguas europeas estiveron de celebración. Nesta data, lembramos a importancia e mais a necesidade de preservarmos e fomentarmos a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementarmos o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas. Neste sentido, non se deben pasar por alto datos como que en todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas, que a Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais (ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias) ou que se falan no seu territorio algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes. Neste mar de linguas que baña o continente europeo, está a lingua de noso. Ten vida propia desde o século IX, na palabra viva e no pensamento expresivo do pobo galego, e desde finais do XII na ...

Voltamos!

Imaxe
Coas pilas cargadas Iniciamos este curso 2016-2017 cheos de enerxía coa seguridade de que non habemos quedar sen folgos á hora de achegar entusiasmo, afervoamento para coa lingua de noso, unha pequena achega para conquerir a normalización do galego. Para comezar esta nova andaina, non estaría de máis lembrar aquilo que escribiu Castelao: "Como chamariamosa un home que consentise o derrubamento do Pórtico da Gloria? Pois é certamente máis bárbaro quen deixa morrer un idioma: obra de arte insuperable, feita con amor, con dor e con ledicia polos nosos antergos, que recibimos en herdo e que témo-la obriga de enriquecer co espíritu do noso tempo" 
Imaxe
Concurso Coca-Cola de Relato Curto: todo un éxito! As nosas alumnas, Clara Candisano e Sofía Martínez, acadan o 1º e o 2º posto no sector de Pontevedra na gala celebrada o pasado venres 13 en Santiago de Compostela. Resultados estupendos os acadados por estas dúas rapazas,ficando entre as 14 mellores de Galicia dun total de 311 participantes. A cerimonia de entrega tivo lugar no que fora a sede do Seminario de Estudos Galegos e contou coa presenza de Valentín García, Secretrio Xeral de Política Lingüítica. O Sagrado pode presumir de talento literario!!! http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/4139/secretaria-xeral-politica-linguistica-coca-cola-entregan-premios-concurso-novos
Imaxe
A Festa da Lingua triunfa no Sagrado!! O pasado martes 10, horas de diversión en galego foron as que se viviron no teatro do colexio en compañía de escolares e profesores doutros centros da bisbarra. No vindeiro curso,non queda outra: hai que repetir!!!

PARABÉNS ÁS FINALISTAS!!

Imaxe
As alumnas Sofía Martínez e Clara Candisano de 2º de ESO son finalistas na 8ª Edición do Concurso Coca-Cola Relato Curto. Os relatos saídos da imaxinación destas dúas rapazas  conquistaron o xurado e serán finalistas do concurso organizado pola multinacional. O vindeiro venres 20 coñeceremos os/as gañadores/as, nunha gala que terá lugar na sé da Secretaría Xeral de Política Lingüística, situado na rúa San Roque da capital galega, edificio que no seu momento albergou o Seminario de Estudos Galego por onde pasaron grandes persoeiros da cultura galega: Castelao, Vicente Risco, Fernández de Riego, Losada Diéguez... Fantástica elección para levar a cabo a entregra de premios! Moita sorte ás nosas alumnas!!

Festa da Lingua

Imaxe
O galego de festa no Sagrado! Este martes 10 de maio, o teatro do noso colexio será o escenario da Festa da Lingua de Primaria da localidade de Pontevedra e proximidades  organizada por Escola Católicas. Así de fermoso deixamos o noso escenario para gozar do galego!! Este evento é unha actividade dinamizadora da lingua galegga que se celebra en varias cidades de Galicia e á que asisiten os alumnos que participan na lectura dos libros finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento. Nestes eventos asisten a diferentes actividades culturais como obras de teatro, concertos, visitas guiadas... A programación será a seguinte: 10.00 h Inauguración  da xornada a cargo de D. Xosé Martínez Reboiras.  -Proxección do vídeo O galego é de todos realizado por alumnos do colexio Sagrada Familia de Aldán.  10.15-11.30  h Proxección de  MAIMIÑO  (75 min)   11.30 – 12.00  h Visita das Maimiñas, autoras de As Maimiñas. Unha viaxe polo m...

Obradoiro

Imaxe
Diversión en galego! Hoxe o noso alumnado de 5º de Primaria estivo foi o protagonista do obradoiro Lingua Forza 3 Lingua Forza 3 trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.