Día da Poesía
21 de marzo, Día da Poesía A UNESCO proclamou o 21 de marzo Día Internacional da Poesía. A este respecto, este organismo internacional dinos: "A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de forma sempre renovada a maneira en que usamos as palabras e as cousas, así como os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas, á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe outro camiño posible de diálogo entre as culturas. Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecimiento das capacidades creadoras de cada persoa. O principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser u...