Día da Poesía
21 de marzo, Día da Poesía
A UNESCO proclamou o 21 de marzo Día Internacional da Poesía. A este respecto, este organismo internacional dinos:
"A
poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre
circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da
innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao
cuestionar de forma sempre renovada a maneira en que usamos as
palabras e as cousas, así como os nosos modos de percibir e
interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas,
á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe outro
camiño posible de diálogo entre as culturas. Cada ano, o 21 de
marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos
a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecimiento
das capacidades creadoras de cada persoa. O
principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística
a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas
ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas
comunidades respectivas."
En Galicia somos menos
de tres millóns de habitantes e máis de 400 poetas en activo. Non
está mal dotado de poesía. Como dicía o noso gran poeta Celso
Emilio Ferreiro, "A
poesía é unha fogueria, queimémonos nela!".
E
ti, que poema elixes para conmemorar este día?
O cartafol do vento
ResponderEliminarO vento perdeu as follas
d'o seu cartafol
...-esas que os chuvascos
.................................mecanógrafos
...tecolean n-o manual d'os mastros?
...As gavotas non teñen quitasol
...pero fan raudos equilibrios
po-lo aramio transparente
de todal-as ortodrómicas d'o ceo
O pailebote sin velas
...-Serán esas que o vento
levou n-o seu cartafol?
...Tamén fai equilibrios n-o ronsel
...C'a boca aberta
...-cai-lle a baba-
...está mirándo-nos o babión d'o Sol.
Manuel Antonio