Con
alma de escritoras!
Aínda
que ao comezo os nervios parecían dominalas, pronto se desfixeron
deles e deixaron que a imaxinación se plasmase en cadanseus relatos,
aproveitando até o último instante esta fermosa experiencia.
O
estímulo literario consistiu na seguinte oración: Aquela
sombra desconcertáballe... Este
enunciado debían integralo nos seus relatos.
De
seguro que o resultado final mereceu a pena! Agora só toca agardar
que o xurado vexa nas historias das nosas alumnas esa orixinalidade
que lles outorgue un premio, aínda que como se adoita dicir, deben
sentirse suficientemente premiadas xa que foron as elixidas para
representar ao Sagrado nesta fase provincial do concurso.
Noraboa
a todas e cada unha delas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario