Inauguración para a
exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo
No Museo do Mar de Vigo expoñerase desde o 10 de outubro ao 4 de marzo o Pergamiño Vindel do trobador Martín Códax.
Trátase
dunha obra literaria do século XIII que contén sete cantigas de amigo das cales
6 están con pentagramas, escritas en galego-portugués, xunto coa das de Don
Dinís son as cantigas manuscritas do século XIII que sobreviviron coa música. O
museo investiu 200.000€ en adecuar o cofre no que se mostrará. Este manuscrito
de 800 anos de antigüidade, despois de estar 40 anos no Morgan Library Museum,
estará en Galicia. Na inauguración contaron coa presenza do rei emérito Juan
Carlos I.
O nome é debido a que Vindel, o libreiro que encontrou o pergamiño no
século XVII vendeuno e o documento pasou por distintas mans ata que o adquiriu
o libreiro Albi Rosenthal que o gardou na súa colección privada. Non obstante,
en 1970 tratou de venderllo ao Morgan, que "nese momento non estaba
interesado", aínda que en 1977 finalmente recoñeceu a súa importancia e
comprouno.
Martín
González Paz (2º ESO A)
Comentarios
Publicar un comentario