xoves, 17 de febreiro de 2022

Neste entroido do Sagrado
ao Meco da entrada hai que obedecer,
e con algunhas das súas vestimentas
esta semana ao cole has de acceder.


Para o día primeiro
polos pés empezamos:
con calcetíns de cores distintas
manda o Meco que nos vistamos.


Se o luns frío vai moito
e pantalón longo queres poñer,
non te libras do mandato:
calcetíns por fóra debes traer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

 Vai chegando o Samaín e o magosto e con el... o concurso de relatos de medo! Non fiques sen participar!   CONSULTA AS BASES PREMENDO AQUÍ!