BASES CONCURSO CARTELERÍA

 Ø  PARTICIPACIÓN

Poderán optar ao premio todo o alumnado de Primaria e Secundaria que curse estudos no Colexio Sagrado Corazón de Jesús.

Ø  MODALIDADES
Os traballos deberán ser orixinais e en lingua galega. Deberase elaborar un cartel publicitario que teña como finalidade a promoción e difusión da lingua galega. Pode ser realizado a man ou por medio de ferramentas dixitais.


Ø  PRESENTACIÓN
Poderán ser entregados en man. Nel incluirase un título ou un pseudónimo pero non o nome da autora ou autor.
Nun folio á parte, incluiranse os datos persoais do autor (nome, apelidos, idade, curso). Tamén deberá figurar o pseudónimo ou o lema e o título. Para acreditar a súa condición de alumna ou alumno do grupo indicado serán asinados polo titor correspondente. 

Ø  PREMIOS
O cartel gañador será serigrafiado nunha bolsa de tela para a compra, praia... Alén diso, concederase un premio ao cartel gañador.
O xurado poderá, en función da calidade dos traballos presentados, declarar deserto o premio.

Ø  XURADO
O xurado estará composto por dous tres membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), un membro do Seminario de Plástica, un membro do Equipo Directivo e un representante da ANPA.
Os membros valorarán:
·       Poder de persuasión
·       Claridade expositiva
·       Creatividade no deseño

Ø  PRAZO DE PRESENTACIÓN
Remata o día 30 de maio.
Ø  FALLO
Darase a coñecer nos correspondentes festivais fin de curso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Día Europeo das Linguas