4ª categoría: 1º e 2º ESO

Os libros finalistas nesta categoría son os que seguen:

O inspector Chumbo de Xosé Lois Ripalda,  Ed. Ir Indo


A boca do monte de Celia Díaz Núñez, Ed. Galaxia

Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal.

 Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. 

Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

Comentarios

  1. David (9).
    Doulle un nove porque aunque non me guste ler en galego este libro enganchoume e o lin nun so día. Aunque non lle pongo un dez porque había algunhas palabras que non se entendían moi ben

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A boca do monte. Grazas por participar David. Alégrame saber que che gustase esta lectura en galego, se a nosa lingua tamén "engancha"!!.

      *Aunque: aínda que; *e o lin: e lino; *pongo: poño

      Eliminar
  2. Eu ao libro doulle un 10, xa que para min a historia foi unha das mellores das que lín en galego. Volo recomendo ler a tod@s xa que estivo moi devertido.
    Iago Sánchez

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O inspector Chumbo. Grazas Iago por participares.

      Eliminar
    2. ...unha das mellores que lin en galego. Recoméndovolo (recorda que os pronomes persoais átonos en galego non inician oración)

      Eliminar
  3. Coral (7) A boca do monte
    Doulle un 7 xa que creo que son moitos personaxes para un libro tan curto. A min, que estou acostumada a ler libros de 900 páxinas e con moitos más personaxes, custoume un pouco lelo debido a esto, ademáis que non son moi fan dos libros históricos de fai tanto tempo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. máis; isto (2esto2 non existe en galego); ademais (aguda rematada en ditongo decrecente sen acento gráfico); hai no canto de *fai.

      Eliminar
  4. Eu doulle un 8, porque me resultou moi interesante e moi boa lectura en galego.
    María Ferrín

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por participares María! Alégrome que a lectura che resultara de interese!

      Eliminar
  5. Na miña opinión, valoro "O inspector chumbo" cun 7 xa que é un pouco lineal pero moi interesante.
    Carmen Juncal

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por participares, Carmen! Alégrome que che resultase de interese!

      Eliminar
  6. Angela,2A-7.A boca do monte
    Eu póñolle un sete de nota, xa que a min gustoume a historia sobre os castros e a invasión romana. Pero recoñezo que custoume lelo.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu póñolle un sete de nota porque me gustou a historia sobre os castros e a invasión romana. Aínda así, recoñezo que me xustou lelo.

      Eliminar
  7. Eu doulle un 8 porque creo que "O inspector chumbo" é un libro moi interesante de ler, aínda que eran historias moi curtas e non te daba tempo para "engancharte".

    Marta Bartolomé

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está mal empregado o pronome átono "te", nesa construción a forma correcta é "che".

      Eliminar
  8. Dende o meu punto de vista valoro o libro " a boca do monte " cun sete xa que foi facil de ler pero non me gustou moito ainda que o recomendo bastante.
    Marta Torres

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. *"A boca do monte"; fácil; aínda; ... non me gustou moito. A pesar diso, recomendo a súa lectura.

      Eliminar
  9. Iago,2A-8. A boca do monte
    Eu doulle un oito xa que me gustou pero se me fixo moi longa.

    ResponderEliminar
  10. Lourdes,2ºB.
    A BOCA DO MONTE
    Póngolle un 6:
    A historia e interesante aínda que a época dos romanos a simple vista non é de agrado para os lectores. Ten bastante personaxes para unha historia curta;pero a toda a xente que lle gusta a historia en sí recomendaríallas.

    ResponderEliminar
  11. Lourdes, 2ºB
    A BOCA DO MONTE
    Segun o meu punto de vista póngolle un 6:
    A historia é interesante aínda que a época dos romanos a simple vista non é de moito agrado.Ten bastantes personaxes para unha historia curta.

    ResponderEliminar
  12. O inspector Chumbo.
    Eu doulle un 6 , xa que non foi un libro que me gustara moito, e tampouco me entretivo, o que si, algunhas veces fíxome rír.
    Pablo Pérez 2ºC.

    ResponderEliminar
  13. ELIS 2B
    A miña nota é un 8
    INSPECTOR CHUMBO
    Pareceume un libro moi interesante e moi divertido e recoméndolle a todos que leades este libro.

    ResponderEliminar
  14. A BOCA DO MONTE.
    Eu doulle unha nota dun 7 porque ten moitos personaxes,e isto fixo que me resultase difícil de entender a trama. Ademais, a min non me gusta ler libros sobre historia.
    Carlota García

    ResponderEliminar
  15. GUILLERMO DOMINGUEZ 2A
    A BOCA DO MONTE
    Este libro é merecedor dun 8 xa que era moi lineal e podiase ler facilmente.Por outra parte había moitos personaxes e isto ocasionaba confusion, é por iso que non lle poño un 10.

    ResponderEliminar
  16. A BOCA DO MONTE
    A min no me entusiasmou o libro, xa que non me gusta este tipo de historias e pareceme moi aburrido e difícil de ler.
    Polo que non podo poñerlle un 10 e polo tanto doulle un 6.
    Ariadna Miranda Barreiro

    ResponderEliminar
  17. O INSPECTOR CHUMBO.
    A min este libro gustoume moito xa que encántanme os libros de misterios e ademáis tamén gustoume moito a maneira de resolvelos que emplea o inspector Chumbo.Doulle un 10
    Daniel Fernández Buezas

    ResponderEliminar
  18. Doulle un 10 pola inxeniosa forma de resolver os misterios que ten Chumbo.Daniel Fernández Buezas

    ResponderEliminar
  19. O inspector chumbo:
    Eu doulle un 7 porque ao principio volveuse monótono pero despojos empezoume a gustar cada vez máis.
    David Fernández Míguez

    ResponderEliminar
  20. Doulle un 10, encantoume o libro porque a información é contrastada inda que moitos personaxes eran ficticios.Un aspecto importante da novela é a reveldía que mostraron os nativos cando se decatan que todo o ouro que herdaron dos seus antepasados vai parar ás mans dos romanos.Daniel Sanmartín Martínez

    ResponderEliminar
  21. O libro gustoume moito por ser fácil de ler.Varios relatos curtos que non se fan nada pesados, a miña nota é un 9 .Diego Sanmartín Martínez

    ResponderEliminar
  22. Manuel Rodríguez (8)
    Doulle un 8 porque aínda que empezou un pouco lento foise animando e o final pareceume un bo libro.

    ResponderEliminar
  23. Ao libro "A boca do monte" doulle un 8, xa que me pareceu un libro moi interesante e con contidos apropiados para a nosa idade. Un gran libro, recoméndoo.
    Carmen Juncal

    ResponderEliminar
  24. Eu doulle un 7 ao libro "A boca do monte, pareceume fácil de ler pero aburrido e ten demasiados personaxes.
    Sabela Otero

    ResponderEliminar
  25. A boca do monte
    Este libro non me gustou moito por iso lle dou un 7, unha das razóns é porque tiña moitos personaxes, polo tanto, tantos personaxes, creábame confusión e dúbida sobre quen era quen.Por outra banda, o libro pareceume moi aburrido, xa que non me gustan moitos os libros de historia ou dese estilo, por esa razón doulle esa nota.
    Pablo Pérez Chan

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo