Publicacións

Obradoiro

Imaxe
Diversión en galego! Hoxe o noso alumnado de 5º de Primaria estivo foi o protagonista do obradoiro Lingua Forza 3 Lingua Forza 3 trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Día da Poesía

Imaxe
21 de marzo, Día da Poesía A UNESCO proclamou o 21 de marzo Día Internacional da Poesía.  A este respecto, este organismo internacional dinos: "A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de forma sempre renovada a maneira en que usamos as palabras e as cousas, así como os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas, á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe outro camiño posible de diálogo entre as culturas. Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e  invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecimiento das capacidades creadoras de cada persoa.  O principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser u...

Teatro en galego

Imaxe
Galego no escenario do Sagrado A nosa lingua foi a protagonista o pasado mércores no teatro do colexio. A  fantástica actuación dos integrantes de Talía Teatro , fixo que o noso alumnado gozase dunha boa mañá de arte dramática.
Imaxe
Con alma de escritoras! O pasado venres 11, seis alumnas de 2º ESO do noso colexio, participaron na 8ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos Premio Relato Curto que tivo lugar na Aula Magna da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo. Aínda que ao comezo os nervios parecían dominalas, pronto se desfixeron deles e deixaron que a imaxinación se plasmase en cadanseus relatos, aproveitando até o último instante esta fermosa experiencia. O estímulo literario consistiu na seguinte oración: Aquela sombra desconcertáballe... Este enunciado debían integralo nos seus relatos. De seguro que o resultado final mereceu a pena! Agora só toca agardar que o xurado vexa nas historias das nosas alumnas esa orixinalidade que lles outorgue un premio, aínda que como se adoita dicir, deben sentirse suficientemente premiadas xa que foron as elixidas para representar ao Sagrado nesta fase provincial do concurso. Noraboa a todas e cada unha delas!  ...
Imaxe
TEATRO EN GALEGO!! O vindeiro mérores gozaremos no teatro do Sagrado da representación de dúas obras de teatro por parte da compañia Talía Teatro . Os títulos a pór en escena son: Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can) . Para 5º e 6º EP e 1º e 2º ESO. Século XVIII. Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Danniello Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañán pase a carruaxe. A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coas que se arte...

Día de Rosalía de Castro

Imaxe
#mobilizarosalía Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais. Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) queren conmemorar o 24 de febreiro -fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora- o Día de Rosalía de Castro. Para esa data a AELG propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións, dirixidas aos centros de ensino, coa finalidade de realizar accións colectivas de difusión da obra de Rosalía. Na Educación Secundaria e Bacharelato, dende a AELG propóñennos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mob...

Programación co gallo do Día de Rosalía

Imaxe
  Goza dunha programaci ó n na t ú a cidade co gallo da conmemoraci ó n do nacemento da nosa figura m á is universal. Cando?  Mércores 24 de febreiro Onde?  Na Casa da Luz (praza da Verdura) Quen organizan?  Concello de Pontevedra, Asociación Maio Longo e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) O que? Actuación do grupo de cantareiras Adonairare Lectura de textos de Rosalía de Castro por representantes de diversos sectores da sociedade pontevedresa: educativo, cultural, empresarial, sindical, da integración social, deportivo, mocidade, etc. Lectura do manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega