Día de Rosalía de Castro

#mobilizarosalía

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) queren conmemorar o 24 de febreiro -fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora- o Día de Rosalía de Castro.

Para esa data a AELG propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións, dirixidas aos centros de ensino, coa finalidade de realizar accións colectivas de difusión da obra de Rosalía.

Na Educación Secundaria e Bacharelato, dende a AELG propóñennos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía.

Dende o blog tamén vos alentamos a deixar un comentario nesta entrada con versos de Rosalía que máis che gusten, que máis che fagan sentir, que máis...

Animádesvos?

Comentarios

  1. Tecín soia a miña tea,
    sembréi soia o meu nabal,
    soia vou por leña ó monte,
    soia a vexo arder no lar.
    Nin na fonte nin no prado,
    así morra coa carrax,
    él non ha de virme a erguer,
    él xa non me pousará.

    ResponderEliminar
  2. En todo estás e ti es todo,
    pra min i en min mesma moras,
    nin me abandonarás nunca,
    sombra que sempre me asombras.

    ResponderEliminar
  3. Como neta e filla da Galicia emigrante:

    Levaime, levaime, airiños,
    levaime a donde me esperan
    unha nai que por min chora,
    un pai que sin min n'alenta,
    un irmán por quen daría
    a sangre das miñas venas,
    e un amoriño a quen alma
    e vida lle prometera.
    Si pronto non me levades,
    ¡ai!, morrerei de tristeza,
    soia nunha terra estraña,
    donde estraña me alomean,
    donde todo canto miro
    tomo me dice: «¡Extranxeira!».

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo